sábado, 29 de marzo de 2008

2 comentarios:

  1. Hola,
    Finalmente este es mi blog. Es la primera vez que doy de alta uno y me ha costado un poquillo, lo reconozco.

    Haciendo pruebas en la carpeta, conseguí bajarme alguna foto. Asique aprovecho y os presento a mi pequeño Alejandro que ahora ya tiene tres años y medio.

    Bueno, os dejo por ahora hasta proximas intrucciones de Gregorio Robles.

    Saludos desde La Coruña.

    Belén Fernández Rebolleda.
    bfernandez@uoc.edu

    ResponderEliminar
  2. HOLA,
    OS CUENTO QUE DESDE EL ORGANISMO DONDE YO TRABAJO IGAPE EN GALICIA, DISPONEMOS DE UNA AYUDA MUY RELACIONADA CON LA SOCIEDAD DE LA INFORMACION Y EL CONOCIMIENTO. ES LA SIGUIENTE:

    PROXECTOS TRACTORES DE EMPRESAS DESENVOLVEDORAS DE SOFTWARE EN CÓDIGO ABERTO (ART.7)

    TIPOS DE APOIO
    Subvencións a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

    BENEFICIARIOS POTENCIAIS
    1. As Pemes desenvolvedoras de software, que propoñan a realización en Galicia dun proxecto de desenvolvemento final de aplicativos informáticos de xestión e implantación en Pemes galegas.

    Poderán ser así mesmo beneficiarios:

    a) As persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. Neste caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lles correspondan á agrupación.
    b) As agrupacións de interese económico.

    REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
    Proxectos propostos por empresas de desenvolvemento de software ou solucións software encastradas, en código aberto (open source) dirixidos á parametrización final de aplicacións de xestión e á introdución e testaxe do mercado.

    Os proxectos deberán especificar o tipo de aplicativo que se parametrizará e o seu obxecto de xestión nas empresas que o implanten. Deberán contar coa participación inicial de polo menos 5 Pemes galegas determinadas, que permitan o ensaio e adaptación do aplicativo, coa vantaxe de ser usufrutuarios da solución adaptada. Unha vez acadado o obxectivo de ensaio, adaptación final en polo menos esas 5 Pemes, o proxecto establecerá un compromiso de cesión e adaptación gratuíta en polo menos 10 Pemes galegas máis.

    Ao remate do proxecto deberán quedar identificadas todas as Pemes beneficiadas pola implantación gratuíta do aplicativo mediante a cobertura dun formulario, asinado por cada un dos representantes das Pemes.

    No momento da xustificación, a empresa promotora do proxecto deberá ter posto en marcha un espazo web do proxecto (apoiándose en ferramentas existentes, preferiblemente en http://www.mancomun.org) no que se difunda sen ningunha limitación de acceso o software desenvolvido, e exista a documentación suficiente para a súa utilización por parte doutras empresas e particulares, de acordo cos termos da licenza pública elixida.

    INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
    a) Investimentos en equipamento e instrumental de carácter tecnolóxico necesario para o proxecto de desenvolvemento final do aplicativo.
    b) Gastos de adquisición de material funxible ou compoñentes necesarias para o proxecto.
    c) Custos de colaboradores externos cando sexan prestados por centros ou institucións tecnolóxicas, ata o límite de 10.000 € por proxecto.
    d) Salario bruto do persoal da empresa dedicado ao desenvolvemento do proxecto, durante o período de execución e na proporción da súa dedicación porcentual.

    Serán subvencionables os custos realizados e pagados dentro do prazo de vixencia establecido na resolución de concesión que se iniciará coa presentación da solicitude de axuda.

    CONTÍA DAS AXUDAS
    O límite máximo de axuda non superará a porcentaxe do 50% calculada sobre a base subvencionable aprobada. A subvención máxima por proxecto aprobado será de 150.000 €.

    ResponderEliminar